Gola
Non para, non para. Quere saborealo todo. E salta, superficialmente, por riba das cousas. «Non sexas egoísta. Que vergoña. Tápate a boca, que se che notan os dentes». Fíxose pequeno, pequeno... e agora é un experto en compracer a todos. Aproveitándoo, por suposto. Un arlequín hábil. Mírao, saltando de aquí para alá, evitando así deterse un intre e observar todo o que o rodea. É feliz na fantasía. Baila porque xa non lembra quen é. Ninguén o lembra. Agora só se esforza por ser visto. Non pode máis. Non para, non para. Facerse notar, aínda que sexa ofrecendo unha imaxe pobre, líbrao da tiranía tortuosa da insignificancia.