A tola historia da literatura
Podes percorrer toda a historia da Literatura durante algo máis dunha hora? Que pasaría se o destino das grandes obras universais estivese na túa man?
Estás listo para embarcarte nesta aventura?
Esta tola historia é unha viaxe, unha homenaxe a algunhas das obras máis importantes da Literatura de todos os tempos. Sigue aos nosos dous heroes na súa tola misión e, sobre todo, goza de todas as historias que te esperan dentro dun libro.
A mellor historia está a piques de escribirse cando se abra o telón...