"Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é"
Esta frase é o punto de partida da nova creación da empresa Elahood. Unha proposta de danzas urbanas desde unha perspectiva da creación contemporánea.
NÓ invita ao público a unha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía revela pegadas do debate actual que aborda a deconstrución de xénero e a conciencia de clase.
O espectáculo ten a estética máis característica da compañía, un baile preciso, limpo e sumamente coordinado. Elahood continúa coa súa aposta particular por unha linguaxe visual coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto e da voz.
Onde reside a importancia do importante?
Hai que subir sempre ao escenario coa responsabilidade de defender un discurso?
NON é un collage que se basea na intuición máis inxenua de dúas mulleres galegas que se renden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva sobre as preocupacións actuais.