No país das fadas, onde todo é fermoso, marabilloso e fabuloso, vive unha fada pequena chamada Mermelhada. Mermelhada é unha fada moi amable e voa buscando unha oportunidade para facer unha boa acción. Pero cada vez que quere facer o ben sae mal... Desencantada coa súa condición de fada, pídelle a unha vella bruxa que lle ensine algúns segredos da antiga sabedoría. Aínda que unha antiga rivalidade enfronta ás fadas e ás meigas, a vella acepta. Pouco a pouco vaise creando un vínculo moi especial entre profesor e alumno. Xuntos afrontarán desafíos e descubrirán onde reside o verdadeiro poder da maxia.
Títeres, obxectos, sombras e outros recursos teatrais nunha tenra historia de feitizos, maxia e amizade. Unha historia que nos invita a ter unha ollada diferente aos contos de fadas.