A tormenta
Dende hai tempo, unha nube paira sobre a cabeza de Pablito, impedíndolle ver o sol, bailar ou escribir. Incluso lle rouba a luz do sorriso e os tronos fan que lle doa a barriga. Pablito sabe que para que esta nube desapareza, primeiro ten que chover. Nesta odisea veciñal, acompañaremos a un heroe que non necesita nin poder, nin conquistas, nin reinos... o único que quere é chorar, e aínda que non saiba como, paga a pena aprender porque despois de cada tormenta, a calma sempre volve.