Distans
Un pacto, un código secreto, unha cápsula do tempo, unha promesa...
En 20 anos no mesmo lugar ao mesmo tempo.
A antiga casa da árbore onde dous amigos compartían as tardes
de lecer entre xogos, risas, fantasías e complicidades.
DistanS fala da amizade: as lembranzas que permanecen vivas no noso corazón a pesar dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.
Unha viaxe polas emocións nun espazo visual e sonoro que rodea o circo acrobático e as escenas de teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido.