
unha cidade de sombras
Unha experiencia participativa para público a partir de 6 anos que combina danza urbana, cultura contemporánea, manipulación de obxectos e experimentación lúdica coa física da cor e da luz. Unha cidade de sombras é unha declaración de intencións sobre como as escenas híbridas tamén poden ser accesibles para o público novo e o potencial que teñen como instrumento desinhibidor, emocionante, colaborativo e pedagóxico. Un espazo potencial, libre, onde construíremos unha cidade con sombras, cores e ritmos, viva e cambiante, na que xogaremos e aprenderemos a partes iguais coa manipulación artística da luz e da danza urbana contemporánea.