
LONGA
LONGA [|ˈlɒŋ| long (inglés): long/ 龍 lóng (chinés): dragón] contén en si mesmo
múltiples acepcións, xa que se trata dunha palabra cuxa lectura e significado varía segundo a orixe e o contexto cultural de cada un. A peza ten como eixo conceptual e de movemento a figura tradicional do dragón e é unha reflexión sobre os límites e fronteiras cos que convivimos nunha sociedade en constante cambio e transformación. Desde a danza, a poesía visual e a paisaxe sonora, Kernel Dance Theatre presenta un espectáculo que transporta ao espectador a un espazo onde rachan as fronteiras entre culturas.